HOSPITAL DO INCIO - RUTA DO FERRO - A FERRERÍA - SANTA MARIÑA - TRASCASTRO
SÁBADO 8 DE AGOSTO DE 2020
Esta ruta de media montaña, nas "Terras Bravas do Incio" (segundo terminoloxía de Ánxel Fole), transcorre por un territorio rico en carballeiras e soutos, vales encaixados e lombas uceiras que miran ao Courel. No pasado esta zona tivo unha intensa actividade na extracción e fundición do ferro. A mina da Veneira de Roques foi unha das principais da provincia de Lugo.
O balneario da Ferrería tamén tivo a súa época de esplendor. Na actualidade, o fracaso dunha restauración, deixou o edificio á espera dalgún emprendedor que o resucite.


PUNTOS DE INTERESE:
- A magnífica igrexa de San Pedro Fiz do Hospital
- Ruta do Ferro
- Balneario da Ferrería
- Aldeas da Ferrería, Santa Mariña, Trascastro....
- Ríos Cabe, Antiga...
- Paisaxes de montaña.
DATOS DA RUTA.
- Percorrido: 21 Kms
- Dificultade: media
Comentarios
Publicar un comentario