RUTA POR BEARIZ - MURADÁS- ALVITE - ALÉN - CORREA - DOADE E A BOUZA

SÁBADO 15 DE XANEIRO DE 2022

A ruta:
  • 18 kms
  • Dificultade media. 
  • Pendente media positiva: 6,2%
  • Pendente media negativa: -6,4%
Foto de Berta GS (+ fotos)
Cremos que Beariz ben vale unha visita. Ademais dos seus atractivos naturais, Beariz suma un patrimonio arquitectónico popular certamente reseñable, non en van este concello forma parte da Terra de Montes, que se singularizou polas habilidades e obras dos seus moitos canteiros. O mestre Cerviño, quizais sexa o máis recoñecido. Del é o cruceiro que temos na foto da esquerda.

Beariz é un concello que sufriu un fortísimo despoboamento desde os anos 40. Pedeu dous terzos da súa poboación. Na actualidade, segundo o censo de xaneiro de 2021, conta con 971 habitantes (densidade do 17,34 htes/km2,  cifra que a Unesco considera próxima a un deserto poboacional).
A emigración dirixiuse tradicionalmente a México e alí moitos fixeron fortuna, xunto aos outros galegos do concello veciño de Avión. Expoñente desas fortunas son as múltiples casas construídas ou restauradas polos emigrantes, que soen estar pechadas todo o ano, agás no verán. 
Outro dato que nos fala dese poderío económico dos emigrantes témolo no feito de que un concello con só 971 habitantes conta na actualidade con catro oficinas bancarias, algo inaudito neste momento de peche de sucursais. 
E un heliporto e un aeródromo cunha pista de aterraxe de 800 m de lonxitude... case nada!
Fonte: Wikipedia

Na ruta temos unha aldea singular, Alvite. Esta é unha das aldeas modelo escollidas pola Xunta de Galicia. E xunto con Doade, na parroquia de Xirarga, destacan sobre as demais.
Entre os elementos de interese podemos citar:
  • a arquitectura das aldeas
  • as eiras de hórreos (é bastante habitual na provincia de Ourense colocar todos os hórreos da aldea nun espazo comunitario e ben ventilado).
  • os cruceiros
  • os muíños
  • as pontellas
  • a Caldeira (enténdase fervenza).
  • as ermidas e as igrexas
  • as áreas recreativas
  • a campo da feira de Doade
  • os múltiples regatos
  • e camiños de todo tipo...

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO