RUTA AO MONTE PINDO
SÁBADO  25 DE XUÑO DE 2022
 Esta ruta combina a media montaña coa zona do litoral atlántico. Iníciase na localidade de Caldebarcos (Carnota) e ascende ao pico da Moa, a cota máxima do Pindo. O monte Pindo é un monte mitolóxico de longa historia e é coñecido como o Olimpo Galego. Descenderemos á aldea de Quilmas e desde alí bordearemos durante 6 kms a costa ata a praia de Caldebarcos.
Elementos de interese:
- O monte Pindo
 - As inmensas panorámicas atlánticas e sobre a contorna.
 - As formacións graníticas
 - As ruínas de murallas e castelos
 - A praia de Caldebarcos e Carnota
 - Percorrido: 17,4 Kms
 - Dificultade: media-alta
 - Pendente media no ascenso: 8,6 %
 - Pendente media de descenso: -8,7 %
 

Comentarios
Publicar un comentario