RUTA DO CAMIÑO DO FERRADAL e VILARMEL

SÁBADO 12 DE NOVEMBRO DE 2022
Powered by Wikiloc


Nova convocatoria de ruta para disfrutar do outono no Courel. Nesta ocasión propoñemos a zona Suroccidental do Courel, no concello de Quiroga, percorrendo as ribeiras do río Soldón polo antigo Camiño do Ferradal, un camiño que serviu na explotación mineira da zona, primeiro para extraer ouro na época romana e posteriormente para o transporte do ferro e do mineral do ferro. 

ELEMENTOS DE INTERESE:
  • As paisaxes de ribeira e a orografía da zona.
  • Soutos
  • Pontes e pontellas
  • Muíños
  • Ferrarías de Rugando e Gorgueira
  • Cabanas da Caleira
  • Alvarizas
  • Sequeiros
  • Fervenzas
  • Cova de Ricopete (antiga mina romana)
  • Pena Furada (antigo túnel romano para a condución de auga ás zonas de mineiría).
  • Vilarmel, aldea típica do Courel.
 
 
   
 
  • Percorrido: 17,5 Kms
  • Pendente media en ascenso 10,7 - Pendente media en descenso -10,1 %
  • Dificultade: media - media-alta
  • Cabe a posibilidade de realizar só o tramo desde O Soldón ata Rugando (10,4 Kms). Dificultade: media.

ATENCIÓN
Esta é unha ruta lineal que remata a 11,5 Kms do lugar onde deixaremos os coches. 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO