RUTA CALDAS DE REIS E FERVENZAS DE SEGADE E DA BAROSA
SÁBADO 11 DE MARZO DE 2023
Propoñemos
 unha nova andaina nas terras de Caldas de Reis e os seus ríos coas 
fermosas fervenzas de Segade e a dos muíños da Barosa. Dezasete 
quilómetros e medio de paisaxe, arquitectura popular (pontes, pontellas,
 presas, muíños, igrexas, cruceiros...) e un fragmento do Camiño 
Portugués, das rutas xacobeas. E a fermosa vila de Caldas coas súa 
burga, o seu balneario, a carballeira e o parque onda o río.
DATOS TÉCNICOS DA RUTA
- Percorrido: 17,5 Kms
 - Pendente media en subida 4,5%
 - Pendente media en baixada -4,6%
 - Desnivel acumulado subindo +460 m
 - Desnivel acumulado baixando -460 m
 
Comentarios
Publicar un comentario