RUTA MINA DAS SOMBRAS - MINA DOS CARRÍS - PICO NEVOSA. XURÉS - GERÊS

SÁBADO 13 DE MAIO DE 2023 Powered by Wikiloc Xa van alá dez anos desde que fixemos unha parte desta ruta, concreta o tramo que vai desde a ermida do Xurés ata a Mina das Sombras. Nesta ocasión ímoslle engadir a Mina dos Carrís e o Pico Nevosa. Unha extraordinaria ruta de montaña no parque Xurés - Gerês. Que máis se pode pedir! Pico Nevosa, 1546 m Podería dicir que os puntos de interese son os que aparecen nas imaxes. Pero, o verdadeiramente interesante é percorrelo, sentirse envolto pola montaña coas súas caprichosas formacións graníticas. E admirar as augas frías e limpas da altura... Pedro from Maia (Porto) . Mina dos Carrís . CC BY 2.0 , via Wikimedia Commons RUTA LONGA Percorrido: 21,2 Kms Pendentes medias 10,5% e -10,6% Desnivel acumulado 1250 m e -1250 m RUTA ABREVIADA ( A ruta abreviada é a mesma ruta que esta ata a fronteira con Portugal. E desde alí, desandar o andado) Percorrido: 15,9 Kms Pendentes medias: 9,5% e -9,6% Desnivel acumulado: +842 ...