RUTA MINA DAS SOMBRAS - MINA DOS CARRÍS - PICO NEVOSA. XURÉS - GERÊS

SÁBADO 13 DE MAIO DE 2023

Xa van alá dez anos desde que fixemos unha parte desta ruta, concreta o tramo que vai desde a ermida do Xurés ata a Mina das Sombras. Nesta ocasión ímoslle engadir a Mina dos Carrís e o Pico Nevosa. Unha extraordinaria ruta de montaña no parque Xurés - Gerês. Que máis se pode pedir!
 
Pico Nevosa, 1546 m

Podería dicir que os puntos de interese son os que aparecen nas imaxes. Pero, o verdadeiramente interesante é percorrelo, sentirse envolto pola montaña coas súas caprichosas formacións graníticas. E admirar as augas frías e limpas da altura...

Pedro from Maia (Porto). Mina dos Carrís. CC BY 2.0, via Wikimedia Commons

RUTA LONGA

  • Percorrido: 21,2 Kms 
  • Pendentes medias 10,5% e -10,6%
  • Desnivel acumulado 1250 m e -1250 m

RUTA ABREVIADA (A ruta abreviada é a mesma ruta que esta ata a fronteira con Portugal. E desde alí, desandar o andado)

  • Percorrido: 15,9 Kms
  • Pendentes medias: 9,5% e -9,6%
  • Desnivel acumulado: +842 e -842



Mina das Sombras
Val das Sombras

Val das Sombras



Ermida do Xurés

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DA PENA DO SEO. MINERÍA DO WÓLFRAM

RUTA FRAGAS DO EUME DESDE A CAPELA E MUÍÑOS DO RÍO SESÍN

RUTA POLOS MIRADOIROS DO SIL (DESDE SANTO ESTEVO A VILOUXE)