RUTAS NOS ANCARES E EN BECERREÁ
SÁBADO 5 DE AGOSTO DE 2023
 RUTA DOS CUMIOS DE ANCARES
Powered by Wikiloc
Datos da ruta:
- Percorrido:12,7 km
 - Pendente media en subida: 16,9%
 - Pendente media en baixada: -16,1%
 - Desnivel acumulado en subida: 818 m
 - Desnivel acumulado en baixada: -1354 m
 
É xa unha longa tradición en Érbedo Andainas acudir aos Ancares no verán, desde que no ano 2009 nos levaran os irmáns Pepe e Manuel, de Becerreá, a aqueles míticos e fermosos cumios.
Nesta ocasión partiremos do Porto de Ancares e repetiremos a ascensión aos cumios do Cuíña (o teito dos Ancares), o Penalonga e quizais o Mustallar. Desde alí retornaremos en permanente descenso a Piornedo. 
Ao chegar a Piornedo, os condutores terán que ir buscar os coches que quedaran no Porto de Ancares. E tamén aproveitaremos para visitar a aldea prerromana e a palloza museo.
Seguidamente retornaremos para ir cear á Tumbiadoira, previo paso por Navia de Suarna. Se houbese tempo visitariamos a Pobra de Navia de Suarna co seu castelo, a ponte medieval e o malecón a carón do río.
RUTA DOS GROBOS, SOUTO DE AGÜEIRA E ACIÑEIRAL DE CRUZUL
DATOS DA RUTA:
- Percorrido: 10,44 km
 - Pendente media subida: 12,3%
 - Pendente media baixada: -11,2%
 - Desnivel postivo en subida: 642 m
 - Desnivel acumulado en baixada -642m
 
Comentarios
Publicar un comentario