RUTA Á SERRA DA ENCIÑA DA LASTRA

SÁBADO 25 NOVEMBRO 2023



Para este mes de novembro, co territorio anegado por mor das recentes chuvias, entendemos oportuno achegarnos a este pouco coñecido Parque Natural, a Serra da Enciña da Lastra. Aquí o chan é calizo e abundan as covas coas súas estalactitas e estalagmitas. Aquí chámanlles PALAS ás covas e seica habitan nelas importantes colonias de morcegos. A vexetación destaca pola abundancia de aciñeiras, sobreiras, érbedos e castiñeiros. E na época que lles é propia aparecen máis de dez especies de orquídeas.

Ademais, o Sil, outra vez, e dúas aldeas con encanto: Biobra e Covas. Quedarannos cousas interesantes por ver, pero as pernas non dan para tanto. Quedan os Penedos de Oulego e Oulego, queda Pardollán e as ruínas da súa ermida... Para outra ocasión.

O certo é que esta zona quédanos lonxe a todos, pero merece a pena. 

DATOS DA RUTA:
  • Percorrido: 18,7 Kms
  • Tamén ofrecemos unha opción abreviada de 13 Kms (11,5 pola mañá e 1,5 para despois do xantar).
  • Pendente media positiva: +8,1%
  • Pendente media negativa: -9,2%
  • Desnivel positivo acumulado: +904 m
  • Desnivel negativo acumulado: -904 m

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM