RUTA DO NACEMENTO DO ULLA. ANTAS DE ULLA

SÁBADO 20 DE XANEIRO DE 2024

Powered by Wikiloc
 
Convocamos para unha fermosa ruta nas terras de Antas de Ulla para visitar principalmente o nacemento do río Ulla, no lugar onde inicia un fértil percorrido de 136 km polo centro de Galicia.  As aldeas de Amoexa, Peibás, Cibreiro, Casilmoure e Olveda forman parte do percorrido. As carballeiras e a abundancia de auga destacan na paisaxe. Muíños, cruceiros, dúas igrexas e algúns hórreos singulares están alí para alegrar as miradas.


Foto de Berta GS (+ fotos)

Muíños preto de Peibás
DATOS DA RUTA:
  • Percorrido: 13,3 Km
  • Pendentes: +5,4%  e - 6,4%  
  • Desnivel acumulado: +464 e -464
  • Dificultade: Fácil
Camiño veciñal
Despois da ruta temos encargado un xantar ás 15:00 h no restaurante Val de Antas de Ulla. Na sobremesa teremos a asemblea anual do club.
Punto de encontro: restaurante Val de Antas de Ulla.  9:00 h 
 

Na Chousa da Poteira agroma o Ulla.
Fonte do Ulla

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTA DOS MUÍÑOS E DOS CHOZOS DA LAXE NO SUÍDO (FORNELOS DE MONTES)

RUTAS NA ZONA DE TREVINCA E O BOLO

RUTA MATA DA ALBERGARÍA - PÉ DO CABRIL - ENCORO DE VILARINHO DAS FURNAS - PORTELA DO HOMEM