SÁBADO 1 DE XUÑO DE 2024
  | 
O Pé de Cabril. Foto de M. Carmen OS
  | 
Convocamos a unha nova ruta no Parque Nacional do Gerês, no veciño Portugal. Unha fermosísima ruta que combina montaña e paisaxes de ribeira.
PUNTOS DE INTERESE:
- Mata da Albergaría
 - A montaña rochosa do Pé do Cabril
 - O camping do Campo do Gerês
 - A espléndida ribeira da barragem de Vilarinho das Furnas
 - As ribeiras, fervenzas e pontes do río Homem
 - O camiño da Geira
 - A Portela do Homen
 
DATOS DA RUTA:
- Percorrido → 17,7 Kms, repartidos de maneira atípica: pola mañá faremos 7,7 Km de montaña e pola tarde 10 Km de ribeira, con pendente moito máis suave.
 - Pendente media en subida → 9,4%
 - Pendente media en baixada → -9,1%
 - Desnivel acumulado en subida → 1041 m
 - Desnivel acumulado en baixada → -937 m
 
Faremos a ruta en sentido inverso ao deseñado no mapa.
Saída de Lalín: Estación de autobuses. Hora: 7:45 
PUNTO DE ENCONTRO: Cafetería-Hotel Lusitano de Lobios,  9:15 h.
Chegaremos á Portela do Homen e deixaremos algún coche alía aparcado. Despois trasladarémonos ata a Mata da Albergaría e iniciaremos a ruta. Ao final da ruta, os condutores irían nos coches que deixamos na Portela do Homem a buscar os outros coches.
Por recomendación e desexo expreso dos compañeiros de Lugo, prevemos xantar no restaurante do Parque Cerdeira.  Nese restaurante teñen  menú do día  (12 €). E tamén existe a posibilidade de xantar á carta. 
 
Comentarios
Publicar un comentario