RUTA DOS MUÍÑOS DO XABREGA E MIRADOR DOS CHANCÍS
SÁBADO 28 DE DECEMBRO DE 2024
Powered by Wikiloc
 
Mirador. Foto de Berta GS 
O compañeiro Ferreiro xa realizou a ruta co grupo RUTEA e déixanos aquí uns vídeos moi ilustrativos do percorrido que imos facer en terras de Sober:
Puntos de interese desta ruta:
- A reitoral de Anllo
 - A arquitectura e etnografía de varias aldeas
 - O Cañón do Sil
 - Os miradores dos Chancís e do Xabrega
 - Os muíños do Xabrega
 
Datos técnicos da ruta:
- Percorrido: 10,6 Km
 - Pendentes medias: + 7% e -7,4%
 - Desnivel acumulado: +463 m e -463
 
Saída de Lalín: Estación de autobuses
Hora: 8:00
Punto de encontro: (aínda sen concretar)
Xantar: Reitoral de Castillón
Para os que non van camiñar, concertada visita ao Pazo de Tor ás 11:00 h. 
Comentarios
Publicar un comentario