RUTA AO MONTE ORIBIO ( TRIACASTELA)
SÁBADO 1 DE MARZO DE 2025
O 2 de xuño do ano 2018, xa estivemos alí 7 camiñantes de Érbedo. Foi unha xornada fermosa, onde o monte Oribio (Iribio, tamén se di) xogou coa brétema case toda a mañá. As fotografías xa indican as excelencias da Devesa deste monte. Ademais de ser un magnífico mirador das serras dos Ancares e Courel e de todo o sur da provincia de Lugo.DATOS DA RUTA:
Percorrido: 15,5 Kms
Pendentes medias: +12,3% e -13,2 %
Lugar: Estación de autobuses
Comentarios
Publicar un comentario