Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2025

RUTA CIRCULAR DO RÍO GRAÑAL (ESGOS-OURENSE)

Imaxe
  SÁBADO 27 - SETEMBRO - 2025  Powered by  Wikiloc Para este mes de setembro programos unha ruta moi accesible, dividida en dous tramos, e en dous concellos ourensáns diferentes.  Pola mañá fixemo a RUTA CIRCULAR DO RÍO GRAÑAL, cos seus numerosos muíños. Ten un percorrido de 13,6 km, pendentes medias de +4,4% e -4,5%  e cun desnivel acumulado de 357 m. É dicir, moi fácil. O grupo do Érbedo nunha das pontes da ruta, xa no concello de Paderne de Allariz Foto de Manuel Ferreiro ( +fotos ) Reportaxe da ruta, de  Roteiros Galegos : Como inicio do curso, acordamos de irmos xantar en boa camaradería ao  restaurante Santa Baia , en  Santa Baia (Perreiro de Aguiar) . Pola tarde, case como un paseo, poidemos optar por realizar a  RUTA PERIMETRAL DO ENCORO DE CACHAMUÍÑA , no veciño concello do Pereiro de Aguiar. Esta ruta ten un percorrido de 4,2 km, pendentes medias de +4,8% e -4,7% e desnivel acumulado de 123 m. Facilona tamén. SAÍDA DE LALÍN: Estació...