RUTA CIRCULAR NO COUREL ENTRE FERRAMULÍN E VISUÑA

SÁBADO 16 DE MAIO DE 2025

VER RUTA EN WIKILOC

Xa adiantamos en whatsapp algunhas imaxes dos lugares que imos percorrer. Trátase dunha zona do Courel, tan recóndita como fermosa pola excelencia das súas paisaxes, pola orografía abrupta e xigantesca e pola vexetación diversa. O interese tamén se debe centrar nas distintas aldeas que percorreremos para entender a adaptación dos seus habitantes a un medio difícil e afastado. Estaremos na Galicia periférica e adentrarémonos en dous tramos da ruta no concello leonés de Oencia.

Previamente faremos unha visita á fervenza de Vieiros, unha das máis visitadas do Courel. 


DATOS DA RUTA:
Percorrido: 15,2 Km
Pendentes medias: +10,7% e -9,8%
Desnivel acumulado: 908 m
SAÍDA DE LALÍN
Estación de autobuses, 7:30 h
PUNTO DE ENCONTRO e BAR PARA A REPOSTAXE POSTERIOR Á RUTA: determinarémolo por whatsapp.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

RUTAS NA COSTA DA MORTE

RUTA CIRCULAR DO RÍO GRAÑAL (ESGOS-OURENSE)

RUTA POR TERRAS DE TABOADA (LUGO)