RUTA DA COSTA DA VELA

Powered by Wikiloc Xa mereciamos costa con vistas de mar e luz baixo verso claro de Bernardino Graña. Tras paso obrigado polo Cruceiro de Hio, magno labor de canteiros, arrimamos a Donón, con Caracola, Castro e Facho desde o que se mira o mar e as ardentías do Atlántico na Península do Morrazo. Logo perdémonos tan sen traza unha e outra vez por atallos soltos entre eucaliptos e mañanciña fresca que nin o GPS lle puña remedio. Así e todo chegamos ata Punta de Couso, coa súa praia recollida e a enseada de recendos piratas e alento heroico de pura ría, para volvermos, algo cansos, iso si, ao chiringo de Donón, onde repuxemos forzas e contamos contos. A tarde levounos por pista aberta ata a Punta de Cabo Home, co seu teso faro e o fragor da maré abrindo furnas e inspirando poemas fronte ás Illas Cíes. Logo seguimos cara á praia de Melide, onde uns gozaron do frescor da auga e outros do sabor da cervexa e as vistas desde un chiringo para a lembranza. Mesmo houbo tempo para admirar as c...