2 RUTAS na MONTAÑA OURENSÁ: Peña Trevinca e as 4 Lagoas
Sábado, 30 de novembro de 2013 Domingo, 1 de decembro de 2013 2 RUTAS nas que gozamos da ALTA MONTAÑA GALEGA  (serras: Eixe e Calva) Sábado,  30 novembro: Ruta das 4 Lagoas  (17 km, en principio de dificultade media,  en   Wikiloc )  para ver as xeadas  lagoas de Ocelo, Carrizais, Laceira  e da Serpe , encoradas polas morreras glaciares do cuaternario, entre neve e friaxe. Sempre pola  montaña ( Serra Calva ) e con algún que outro problemiña físico final que nos advertiu de que á montaña hai que ir sempre preparados.                Vídeo ilustrativo da ruta do domingo 1 (Pena Trevinca) en  Google Earth Domingo, 1 de decembro:                       Ruta de Pena Trevinca  (27 km, dificultade alta,  en Wikiloc ),cumio da Galiza (2.127 m): pasamos polas minas alemás de volframio de  Vilanova, ascendemos polo incríbel val do río Meladas, superamos o  pico Maluro,  camiñamos polo Lombo Roncín entre refac...