OUTONO NO COUREL: SECEDA - SOBREDO - VALDOMIR - LOUSADELA

SÁBADO 31 DE OUTUBRO DE 2015 Powered by Wikiloc Seceda. Foto de M. Busto (+ fotos) No Courel reside a reserva botánica de Galicia. Ademais da súa orografía espectacular, os seus bosques caducifolios, a arquitectura das súas aldeas, os ríos que percorren os seus vales encaixados e ríspidos, a auga que baixa apurada das empinadas montañas descolgándose en sonoras pincheiras ... son atractivos suficientes para volver a este particular edén lucense. E máis nestas datas nas que o outono decora as paisaxes con aurilucentes cores. 21,3 Kms de percorrido ( 20 Kms. para quen queira prescindir do castro da Torre en Sobredo). Tamén existe a posibilidade de facer a ruta 4 quilómetros máis curta, rematando o itinerario ao chegar a Lousadela. Neste último caso obrigaría a esperar unha hora e pico nesta aldea para ser recollidos polos vehículos que despracemos. Dificultade: media-alta PUNTOS DE INTERESE: Antes de empezarmos a camiñar deterémonos para visitar a interesantísima igrexa de Sa...