RUTA DA MARRONDA - ALTO EO
SÁBADO, 2 DE XUÑO 2016 Powered by Wikiloc No municipio de Baleira (Lugo) atópase o PRG-145, a Ruta da Marronda – Alto Eo, un percorrido que nos ofrece a oportunidade de coñecer un anaquiño da comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético, e o nacemento do río Eo son os protagonistas do camiño ( Turgalicia ). Seguindo a suxestión do grupo Acivro , imos variar algo o percorrido oficial deste sendeiro, o que nos vai permitir visitar a fraga da Marronda. Deste xeito a distancia a percorrer ascende aos 25 km, cunha dificultade media-alta. O PRG-145 orixinal: Puntos de interese : San Paio, Cabreira, Río Eo, Fervenza da Acea de Serra, Fervenza do Pozo da Ferreira, Capela da Pastora, A Cortevella, Miradoiro do Muiño, Fraga da Marronda, Pena da Raia. Ligazóns de interese: Lic de ...