RUTA DAS SETE ALDEAS RIBEIREÑAS DO RÍO VIÑAS (O IRIXO)

SÁBADO 11 DE FEBREIRO DE 2017 Powered by Wikiloc O concello de O Irixo estivo tristemente de actualidade hai cinco anos cando alguén tivo a pretensión de chantarlle á beira dos montes da Madanela unha incineradora de lixo. As protestas cidadás e outras circunstancias fixeron recuar aos promotores. Agora, o grande mal que padece este concello é a despoboación e o abandono. Como escenario desta realidade quedan as aldeas, as cales contan cunha arquitectura destacable arruinada ou arruinándose e a grandiosidade dos bosques e das montañas. No Testeiro e nas súas abas norte e leste aséntanse Froufe e A Espiñeira. A nosa ruta percorrerá estas parroquias cos seus bosques autóctonos, as ribeiras do río Viñas e o rego de Munín, as aldeas de Froufe, O Alén (abandonada), Subirol, Munín, O Covelo, Frixe e Surribas. Corredoiras antigas, camiños carreteiros, pistas forestais, carreiros, sendas silvestres e algo de campo través permitirannos gozar destes 11 quilómetros. Esperamos que sexa un est...