Publicacións

RUTA NOCTURNA DESDE PEDROSO AO COTO CORNELLAL (LUGAR DE ALTO INTERESE ARQUEOLÓXICO)

Imaxe
SÁBADO 3 DE SETEMBRO DE 2016 VER RUTA EN WIKILOC Diferentes razóns impedíronnos convocar a ruta clásica de Os Ancares neste mes de agosto. E todo o que nos podemos permitir neste inicio do curso é esta novidade: unha ruta nocturna desde Pedroso (Rodeiro) ata o Coto Cornellal, en Axiaz (Ventosa-Agolada), o lugar de maior interese arqueolóxico de toda a comarca. Son numerosas as mámoas con túmulo dolménico e os petróglifos. Precisamente de noite é cando mellor se ven os petróglifos gravados nas rochas. Percorrido: 11 Kms. Dificultade: media-baixa Puntos de interese:  Ponte medieval de Pedroso Aldea de Laxas Lenda do Turubelo Coto Cornellal Coto da Aspra Pontellas

RUTA COSTEIRO-MARÍTIMA ENTRE LAXE E CAMELLE (COSTA DA MORTE)

Imaxe
SÁBADO, 30 - XULLO - 2016 Powered by  Wikiloc Ruta 1: Laxe-Camelle. Percorrido: 16,2 Kms. Dificultade: media-baixa Ruta 2: Laxe-Camelle-Arou-Camelle. Percorrido: 21,2 Kms. Dificultade: media PUNTOS DE INTERESE: VÍDEO DA RUTA Laxe e a súa praia de fina area A casa do Arco de Laxe O Faro de Laxe Laxe. Praia dos Cristais Praia de Arnado Praia de Soesto. Paraíso do wind-surf Praia e Lagoa de Traba Pasadeira pola Lagoa de Traba. Área recreativa na praia de Traba  Camelle e a súa praia Museo de Man Arou

RUTA DA MARRONDA - ALTO EO

SÁBADO, 2 DE XUÑO 2016 Powered by  Wikiloc No municipio de Baleira (Lugo) atópase o PRG-145, a Ruta da Marronda – Alto Eo, un percorrido que nos ofrece a oportunidade de coñecer un anaquiño da comarca da Fonsagrada. Afastada dos grandes núcleos de poboación e das vías de comunicación relevantes, ofrece unha paisaxe rica e case virxe nunha das zonas máis descoñecidas de Galicia. A Fraga da Marronda, de gran valor ecolóxico e cinexético, e o nacemento do río Eo son os protagonistas do camiño ( Turgalicia ).   Seguindo a suxestión do grupo Acivro , imos variar algo o percorrido oficial deste sendeiro, o que nos vai permitir visitar a fraga da Marronda. Deste xeito a distancia a percorrer ascende aos 25 km, cunha dificultade media-alta. O PRG-145 orixinal: Puntos de interese : San Paio, Cabreira, Río Eo, Fervenza da Acea de Serra, Fervenza do Pozo da Ferreira, Capela da Pastora, A Cortevella, Miradoiro do Muiño, Fraga da Marronda, Pena da Raia.   Ligazóns de interese: Lic de ...

RUTA GUENDE - FOXO DO LOBO - FONTEFRÍA - AS GRALLEIRAS - SALGUEIRO - POZO DAS OLAS (SERRA DO XURÉS)

Imaxe
SÁBADO 4 de XUÑO de 2016 Powered by  Wikiloc       O sábado 4 de xuño de 2016 fomos ao Xurés-Gerês, reserva da biosfera, zona á que acudimos nunha cita anual irrenunciable. Tanto é o seu atractivo inabarcable! Iniciamos o percurso en Guende para avanzar cara o Foxo do Lobo, trampa ancestral para dar caza á alimaña temida. Desde o Foxo pronto se avistou o perfil impoñente do Fontefría. Dura ascensión e conquista dos horizontes desde o cumio. Desde alí, en subida máis calmosa agardábannos as cristas de As Gralleiras, xa na raia con Portugal,  desde onde avistamos Pitões das Júnias e a inmensidade montañeira de Montalegre. As formacións rochosas, esculpidas pacientemente polo teimudo cicel da erosión, espertaron en nós a lóxica admiración nas formas e na desproporcionada magnitude.  Continuamos camiño en descenso cara a  Salgueiro (aldea abandonada, na que a Xunta de Galicia emprendeu hai tempo unha restauración integral, aínda inacabada. Os edificios res...

RUTA MINA DOS CARRÍS - RÍO HOMEN - ENCOSTA DO SOL (XERÊS -PORTUGAL)

SÁBADO 4 DE XUÑO DE 2016 Powered by  Wikiloc Ruta Raíña do ano: o Xerês maxestoso coas augas frías e inmaculadas do Homen. As montañas impoñentes. O tobogán da cumeada. A historia, na mina dos Carrís. Panorámicas inmensas. Non cómpre máis nada. Decidimos abrir unha segunda opción de ruta para quen desexe menos esforzo, unha ruta de ida e volta ata a Mina dos Carrís → VER EN WIKILOC (subir e baixar polo mesmo camiño).   Ruta Minas dos Carri s (subida pola Encosta do Sol) Información en blogs sobre esta ruta: http://olharessublimes.blogs. sapo.pt/geres-portela-do- homem-encosta-do-sol-6594 http://trilhosanorte.blogspot. com.es/2013/06/da-portela-do- homem-nevosa-pela-cumeada.html http://onossorasto.blogspot. com.es/2013/04/portela-de- homem-minas-dos-carris.html http://porfragasepragas. blogspot.com.es/2011/05/ autonomia-no-geres-portela-do- homem.html Puntos de Interese: Río Homen Orografía xigantesca das montañas do Xerês Cascatas Mina dos Carrís (extracción de wolframio na S...

RUTA TERMAS DE PREXIGUEIRO - POZAS DE MELÓN

Imaxe
SÁBADO 30 DE ABRIL DE 2016 VER RUTA EN WIKILOC         Puntos de interese: Termas de Prexigueiro (Ribadavia). Termas no río Cerves. Prexigueiro. Estas termas son libres. Non hai que pagar. Visita ao mosteiro cisterciense de Melón. Na fin da ruta teremos oportunidade de relaxarnos cun baño termal. Cómpre bañador, toalla, chanclas...  Pozas de Melón no curso do río Cerves.   VÍDEO Fervenza do Tourón tamén no río Cerves   VÍDEO

RUTA TRIACASTELA-CALVOR-SAMOS

Imaxe
VENRES 25 de MARZO de 2016 Xornada xacobea no Érbedo Powered by  Wikiloc     Andaremos un anaco do camiño de Santiago, inédito para varios érbedos. Trátase do tramo que discorre de Triacastela cara a Sarria pola variante de San Xil. Iniciaremos pois a andaina en Triacastela seguindo a senda xacobea pola súa variante setentrional ata pasado Calvor, retornando desde a aldea d’Aguiada para dirixirnos a Samos pola outra variante do Camiño Francés (con algún engadido para evitar o asfalto na medida do posíbel). Foto de M.Busto (+ fotos) Puntos de interese: Triacastela, histórico enclave xacobeo (igrexa, antigo hospital...) Ruta Xacobea Aldeas de A Balsa, San Xil, Montán, Losada, Calvor (igrexas románicas) Sivil, Gontán Pascais (igrexa románica e castro) Samos (mosteiro e arredores).