Publicacións

RUTA ESGOS - SAN PEDRO DE ROCAS - LOÑA DO MONTE

Imaxe
SÁBADO 18 DE DECEMBRO DE 2021 Powered by  Wikiloc   Ruta circular polo concello de Esgos. Transcorre en boa parte polo Camiño Real. Puntos de interese: Esgos Mosteiro de San Pedro de Rocas Aldeas de A Cernada, Loña do Monte, Requeixo. Melón de Arriba... Arquitectura popular: hórreos, cruceiros, petos de ánimas, lavadoiros, fontes.... Foto de Berta GS (+ fotos)

RUTA DE OUTONO NO COUREL (TEIXEIRA - NOCEDA - VILELA)

Imaxe
SÁBADO 13 DE NOVEMBRO DE 2021 VER RUTA EN WIKILOC Powered by  Wikiloc Foto de Berta GS (+ fotos) Foto de Manuel Ferreiro (+ fotos) Percorrido: 18,9 Kms Dificultade: media-alta PUNTOS DE INTERESE: Paisaxes de montaña. Camiñaremos en todo momento por enriba dos 900 m e acadaremos os 1500 m no monte das Lampas. Aldeas de montaña ( Teixeira , Noceda , Vilela ). O gran afloramento calcáreo do Taro Branco, de moito interese xeolóxico. No Taro Branco, repousan dous gardas forestais A mina romana da Toca (practicada a ceo aberto polo método  ruina montium ). A cova de Ceza VÍDEOS: O OSO REGRESOU AO COUREL A MINA DA TOCA A COVA DE CEZA O TARO BRANCO (incluído neste vídeo como unha das xoias xeolóxicas e paisaxísticas de Galicia)

RUTA TOXOSOUTOS E RÍOS VILACOBA E SAN XUSTO

Imaxe
SÁBADO 16 DE OUTUBRO DE 2021 Powered by  Wikiloc Fotos de Berta GS (+ fotos) Os que argallamos esta actividade sendeirista de Érbedo decidimos realizar unha andaina nas terras de Lousame (A Coruña), preto de Noia, arredor dos ríos Vilacoba e San Xusto, pasando polo mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, fervenzas varias, muíños, fábricas de papel...  Percorrido: 18,8 Kms. Dificultade : media NFORMACIÓN DA RUTA: https://rutasymenosrutinas.com/san-xusto-toxosoutos-lousame/ https://youtu.be/K1ntjf73l_I https://youtu.be/xdRFFFlyVT8

RUTA POLAS LEVADAS E FRAGAS DOS RÍOS CALDO E DEVA (A CAÑIZA)

Imaxe
SÁBADO 18 DE SETEMBRO DE 2021 Powered by  Wikiloc     Percorrido: 18 Kms Dificultade: Media Ligazóns de interese sobre a ruta: Jesús Simón Senderuta Picobarro Más rutas y menos rutinas

RUTA NO RÍO FERREIRA. GUNTÍN

Imaxe
SÁBADO 5 DE XUÑO DE 2021 VER RUTA EN WIKILOC   Despois de dez meses de parón, imos retomar con cautela as andainas. Os que esteades interesados podemos vernos na mañá do sábado para percorrer 13,3 kms no val do río Ferreira en Guntín (Lugo).  Nestas circunstancias tampouco queremos programar comida de remate de ruta.  MOI IMPORTANTE: Número máximo de asistentes permitidos polas normas COVID: 20 persoas     Puntos de interese: As paisaxes da ribeira As aldeas A ponte Cabalar (romana) O castro de Vilamerelle O mosteiro de Ferreira de Pallares Percorrido: 12,85 Kms Dificultade: media José Antonio Gil Martínez . Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares CC BY 2.0 , via Wikimedia Commons   J. Luis Cernadas Iglesias . Ponte Cabalar sobre o rio Ferreira en Guntin . CC BY 2.0

HOSPITAL DO INCIO - RUTA DO FERRO - A FERRERÍA - SANTA MARIÑA - TRASCASTRO

Imaxe
SÁBADO 8 DE AGOSTO DE 2020 Powered by  Wikiloc Esta ruta de media montaña, nas "Terras Bravas do Incio" (segundo terminoloxía de Ánxel Fole), transcorre por un territorio rico en carballeiras e soutos, vales encaixados e lombas uceiras que miran ao Courel. No pasado esta zona tivo unha intensa actividade na extracción e fundición do ferro. A mina da Veneira de Roques foi unha das principais da provincia de Lugo.   O balneario da Ferrería tamén tivo a súa época de esplendor. Na actualidade, o fracaso dunha restauración, deixou o edificio á espera dalgún emprendedor que o resucite. PUNTOS DE INTERESE: A magnífica igrexa de San Pedro Fiz do Hospital Ruta do Ferro  Balneario da Ferrería Aldeas da Ferrería, Santa Mariña, Trascastro.... Ríos Cabe, Antiga... Paisaxes de montaña. DATOS DA RUTA. Percorrido: 21 Kms Dificultade: media

Ruta polo corazón da RIBEIRA SACRA: A Cubela e Val de Tronceda

Imaxe
SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2020 Ruta 1 Powered by  Wikiloc Ruta 2 Powered by  Wikiloc Dificultade: media (mañá), media alta (mañá e tarde) 24 km (15 pola mañá, 9 pola tarde). Iniciaremos a ruta en Torbeo, terra lta e antiga capital do concello de Ribas de Sil, Lugo, cunha igrexa románica do século XII (Santa María), un pasado moi ligado aos guerrilleiros resistentes á Ditadura franquista e de onde era orixinaria a sonada Meiga de Torbeo (Filomena Arias). Baixaremos cara á Cubela (preciosa aldea recuperada, con escasos habitantes) por unha senda abrupta e coa Pena Furada para que pasasen os carros de vacas como elemento destacado, ademais da espectacular vista do meandro d´A Cubela. Aí visitaremos Cubeland, onde podemos tomar unhas infusións naturais. Seguiremos o sendeiro á beira do río Sil entre a Cubela e o Castro de Abaixo vendo do outro lado os viñedos de Trasmonte e Vilachá, onde se sitúan as sonadas adegas vellas. Na aldea de Castro de Abaixo empeza a subida, entre frondoso...