Publicacións

RUTA AS NOGAIS - DONCOS - CASTELO (pola vía Künig) - TORRE DE DONCOS

Imaxe
SÁBADO 4 DE FEBREIRO DE 2023 Powered by  Wikiloc   Percorrido: 18,6 Kms Pendente positiva: 9,3 % Pendente negativa: -9,5 % Desnivel positivo acumulado +950 m Desnivel negativo acumulado -950 m   Vistas á Torre de Doncos. Foto de Berta GS Percorreremos camiños que desde antigo foron moi transitados, a vía xacobea seguida polo monxe alemán Hermann Künig, coincidente co camiño real executado no reinado de Carlos III. Para o control destes camiños de paso obrigado entre Galicia e Castela erixiuse o castelo de Doncos, do que aínda segue en pé a súa torre. A historia, as paisaxes da montaña ancaresa, as aldeas, a igrexa e o pazo de Doncos, a etnografía dos hórreos, dos muíños, dos pombais... todo isto forma parte deste itinerario que vos propoñemos. INFORMACIÓN SOBRE A VÍA KÜNIG TRAMO DA VÍA KÜNIG DO NOSO PERCORRIDO Torre do castelo de Doncos. Foto de Berta GS

RUTA CURTA DO MUÍÑO DE CUÍÑA (PRADO-LALÍN)

Imaxe
SÁBADO 14 DE XANEIRO DE 2023 Powered by  Wikiloc Sendeiro do muíño de Cuíña. Foto de Berta GS (+ fotos) Escollemos esta rutiña curta (10,5 Kms) para termos a continuación un xantar e a asemblea anual do club no restaurante Casa Castro de Vila de Cruces. Empezaremos a ruta onda o muíño de Cuíña e ademais das paisaxes teremos como puntos de interese o Pazo de Liñares, a Ponte medieval de Taboada, as ribeiras dos ríos Deza e Asneiro, un secadoiro de curtidos, a capela de santa Lucía... DATOS TÉCNICOS DA RUTA: Pendente media de subida 7,7% Pendente media de baixada -7,9% Desnivel positivo acumulado  +497 m Desnivel negativo acumulado -497 m Dificultade: media - media. Incrementada pola humidade e as zonas de auga nas beiras dos ríos.

RUTA REBORDECHAO - SAN MAMEDE

Imaxe
SÁBADO 10 DE DECEMBRO DE 2022 VER RUTA EN WIKILOC Ruta de montaña no Macizo Central ourensán, no concello de Vilar de Barrio. Rebordechao, desde a aba da serra. Foto de Berta GS (+ fotos) Puntos de interese:  Aldea de Rebordechao Cumio e capela do San Mamede Fervenza do Pozo dos Mouros Bosques autóctonos. Chozos dos pastores Amplas panorámicas sobre a Limia e as Terras de Maceda e Montederramo Datos técnicos da ruta: Percorrido: 15,5 Kms Pendente media positiva: 12,6% Pendente media negativa: -13,1% Dificultade: media-alta Existe a posibilidade de realizar soamente 11 Kms

RUTA DO CAMIÑO DO FERRADAL e VILARMEL

Imaxe
SÁBADO 12 DE NOVEMBRO DE 2022 Powered by  Wikiloc Nova convocatoria de ruta para disfrutar do outono no Courel. Nesta ocasión propoñemos a zona Suroccidental do Courel, no concello de Quiroga, percorrendo as ribeiras do río Soldón polo antigo Camiño do Ferradal, un camiño que serviu na explotación mineira da zona, primeiro para extraer ouro na época romana e posteriormente para o transporte do ferro e do mineral do ferro.  ELEMENTOS DE INTERESE: As paisaxes de ribeira e a orografía da zona. Soutos Pontes e pontellas Muíños Ferrarías de Rugando e Gorgueira Cabanas da Caleira Alvarizas Sequeiros Fervenzas Cova de Ricopete (antiga mina romana) Pena Furada (antigo túnel romano para a condución de auga ás zonas de mineiría). Vilarmel, aldea típica do Courel.           Percorrido: 17,5 Kms Pendente media en ascenso 10,7 - Pendente media en descenso -10,1 % Dificultade: media - media-alta Cabe a posibilidade de realizar só o tramo desde O Soldó...

RUTA DOS VIÑEDOS DE BELESAR, NA RIBEIRA SACRA

Imaxe
 SÁBADO 15 DE OUTUBRO DE 2022 Powered by  Wikiloc   O Miño, cara a Belesar. Foto de Berta GS (+fotos) As poucas casiñas de Belesar emerxen do lenzo verde da natureza como atraídas pola auga que corre aos seus pés. Casas de cachotería de granito e lousa que buscan o constante coloquio do Miño. A forte pendente que se abre detrás da aldea levaranos polas beiras para admirar unha das mellores paisaxes da Ribeira Sacra. En Belesar non hai que dicir que hai unha tranquilidade case tan profunda como o propio Miño. Atrás quedaron aqueles primeiros anos do século XX, cando a vila foi arrasada polo encoro do mesmo nome. Hoxe son moitos os que veñen aquí de fin de semana, de turismo rural, sobre todo coa chegada do bo tempo e da primavera, ou cando florece o outono, para degustar os primeiros viños da zona. Belesar é famosa pola súa Ruta dos Cóbados de Belesar, unha antiga calzada romana que unía Astorga con Portugal durante os séculos I ao IV. O nome de cóbados provén da súa pronu...

RUTA CIRCULAR DE COLES

SÁBADO 10 DE SETEMBRO DE 2022 Powered by  Wikiloc Trátase dunha fermosa e variada ruta de ríos e fragas que discorre polo concello ourensán de Coles, na que teremos a oportunidade de contemplar unha gran variedade de elementos no seu percorrido, entre os que destacan os seguintes: Os magníficos bosques autóctonos que atesoura a zona, principalmente carballos, que nos acompañarán en boa parte do percorrido. Interesantes elementos etnográficos, entre os que destaca o conxunto de muíños do rego Lusín, nun entorno natural fermoso e moi tranquilo. O atractivo entorno do río Miño, á altura do encoro de Velle, que percorreremos dende a senda ambiental de Ribela ata a aldea de Barra de Miño. Numerosas aldeas da zona con cruceiros de pedra, igrexas e outros elementos, como Lavandeira, Meriz, Outeiro de Ribela, Casanova de Melias, Levices, Belesar, Sobrado, Mira do Río, Barra de Miño, O Fontaíño, Quintás, Mira de Cima e Figueiredo.   Distancia: 21,7 km Pendiente media subindo 6,6% . Pen...

RUTA DO BOSQUE DA FERVENZA NA RIBEIRA DO MIÑO

SÁBADO 27 DE AGOSTO DE 2022 Powered by  Wikiloc   Ruta de ida e volta pola ribeira esquerda do río Miño, desde a desembocadura do río Chamoso ata a desembocadura do río Neira. O treito discorre polo concello do Corgo. Puntos de interese: O bosque de galería As Insuas O bosque da Fervenza A Casa Grande da Fervenza (turismo rural) Etnografía do río Miño (muíños, caneiros e barcas). Percorrido: 19,5 Kms. Dificultade orográfica: Baixa