SÁBADO 29 DE NOVEMBRO Powered by Wikiloc Puntos de interese: O CEBREIRO : Santuario, hospedería, pallozas ( VÍDEO ) Devesa de FONTEFORMOSA e FAIAL DE BUSMAIOR . Panorámicas do Courel .
Domingo 2 Novembro, en Lalín Éxito da ruta da F raga de Casas Vellas, en perigo pola instalación da liña de alta tensión de FENOSA!! Powered by Wikiloc A Fraga de Casas Vellas, situada ao lado da Carballeira de Quiroga (monumento natural da parroquia lalinense de Catasós) corre serio perigo. O proxecto da empresa Gas Natural-Fenosa contempla a corta dunhas 2.000 árbores (maioritariamente castiñeiros e carballos, pero tamén algún piñeiro manso de máis de 200 anos) para levar unha liña de alta tensión ata Lalín. Aínda que existen alternativas que evitan este estrago (como soterrar a liña pola N-525, proposta polos veciños e que a empresa rexeita por cara) semella que a conivencia de Xunta, Concello de Lalín e Fenosa (con todos os permisos xa concedidos e disposta a iniciar este atentado ecolóxico no mes de novembro) unha vez máis vai impoñer os seus intereses económicos por enriba dos dos cidadáns. Para intentar evitar esta derrama creouse a Plataforma para Salva...
SÁBADO 9 DE AGOSTO DE 2014 Powered by Wikiloc Un ano máis, o mes de agosto é cita obrigada cos Ancares. Agora é o pico Penarrubia cos seus 1821 m. quen nos convoca para completar esa angueira de conquistar os oito 1.800 míticos nesta serra galaico-leonesa. Para chegar a este cumio escollemos a opción da vertente leonesa, no concello de Balboa. Iremos nos vehículos ata a aldea de Villariños (concello leonés de Balboa) e por pistas forestais e polo cordal chegaremos á cima. Iso son seis quilómetros. Voltaremos sobre os nosos pasos nun pequeno treito para descender por unha golada deica o refuxio de Pedracabalar, onde xantaremos (no Km.9). Para a tarde queda un treito de 11,6 Kms onde predomina o descenso. Pasaremos pola aldea de Castañoso para dirixirnos ao punto de inicio en Villariños, non sen antes coroar unha pronunciada pendente entre os densos soutos do Bierzo máis galego. Percorrido da ruta: 20,6 kms. Dificultade: alta OUTROS PUNTOS DE INTERESE ADEMAIS DA PROPIA RUTA...
SÁBADO 12 DE XULLO DE 2014 Powered by Wikiloc Ruta lineal de 18,9 Kms de percorrido ao longo do curso alto do río Lérez, percorrendo ,en descenso suave e constante, o bosque de ribeira que acompaña a este río de límpidas augas. Puntos de interese: Pontellas, pontes, mosteiro de Aciveiro, muíños, campamento de Pontemaril, bosques de ribeira... Existe a opción de facer só o percorrido da mañá, cun total de 11 Km. O xantar foi na área recreativa do Cotelo (Forcarei).
SÁBADO 14 DE XUÑO de 2014 Powered by Wikiloc Powered by Wikiloc O 14 de xuño de 2014 é unha data para non esquecer. As paisaxes do curso do río Pequeno (📺) e as fantasías naturais do Val das Mouras (1,2 Km) permanecen indelebles nas nosas retinas. O Courel amosóusenos, outra vez máis, maxestoso e sorprendente. Puntos de interese: Seoane Aldea de turismo rural de O Mazo . VÍDEO Impactantes paisaxes de montaña. Aldeas compactas de orixe medieval: O Mazo , Meiraos , Vilasibil , Miraz , Paderne , Pedrafita do Courel , Mercurín , Ferraría Nova ... Harmoniosa arquitectura de lousa e vangardismo A máis sorprendente xeoloxía de Galicia Fervenza da Poza da Grada Sequeiros Muíños Inxente riqueza botánica Calzadas e corredoiras ancestrais Soutos centenarios Devesas de natureza exuberante Muíños e cabanas Os labirintos kársticos do Val das Mouras. VÍDEO Castro de Brío Castro de Paderne. VÍDEO Abundante fauna que inclúe a presenza esporád...
Powered by Wikiloc Nelson Rodrigues . Mosteiro de Santa Maria das Jûnias. CC BY-SA 3.0 , via Wikimedia Commons Nesta ocasión fomos ao veciño e fermoso Portugal irmán. Para gozar do patrimonio e da natureza en Pitões das Júnias e a Serra do Gerês. Unha ruta de 22 Kms. de percorrido cos seguintes puntos de interese: A aldea de Pitões das Júnias (VÍDEO) (VÍDEO 2) O Mosteiro de Santa María das Júnias. (VÍDEO1) (VÍDEO2) A Cascata do ribeiro do Campesinho. (VÍDEO) O val do Campesinho. O Foxo do Lobo de Parada de Outeiro Albufeira de Paradela (VÍDEO) A ermida de San João. A Serra do Gerês cos seus caprichos graníticos
DOMINGO 13 DE ABRIL de 2014 Powered by Wikiloc Ruta curta para unha mañá de domingo primaveral. Convén non deixarse enganar: a rutiña é curta pero ten sorpresa incluída. Nun primeiro treito de douscentos metros temos que abrirnos paso coa fouce e facer camiño para buscar as poldras do río Grobas (treito aínda non explorado) e cruzar o río polas pedras irregulares que forman o pasal. Noutro segundo tramo descenderemos por un antigo camiño da Devesa do Ameixedo e tamén faremos uso da fouce. Aquí a vexetación é menos inconveniente que o desnivel. Este tramo mide arredor de 500 metros. Dicía o poeta: Camiñante, non hai camiño, faise camiño ao rozar. Do que non nos cabe dúbida é de que esta ruta figura nunha posición moi elevada nesa categoría de rutas de sendeirismo ateigadas de atractivos e paraxes de gran beleza. O Deza mociño, O Grobas virxinal, as Devesas do Ameixedo e Bustelos, a carballeira de Portomartín, a silueta impoñente do Coco, a montaña agreste, a variedade da f...