Publicacións

RUTA do EO-PENA MILLARES en RIBEIRA PIQUÍN co grupo SALTAPRAOS

Imaxe
SÁBADO 8 de xuño de 2019 Powered by  Wikiloc   Foto de Berta GS (+ fotos)   Ruta polas beiras do río Eo, no  Concello de  Ribeira de Piquín , moi ben situado entre Galiza e Asturias para facer a ruta-xuntanza anual  Érbedo-Saltapraos .   Ruta Circular, con saída e chegada no Chao de Pousadorio . Distancia: 21,5 km Dificultade: media (ver perfil) Duración aproximada: 7 horas Saimos do Chao de Pousadoiro pola beira do río Eo cara á área recreativa d´ A Retorta . Logo teremos unha longa subida que nos levará ata o mirador de  Pena Millares . Aí, se cadra ben, miraremos a paisaxe e xantaremos. Virá a continuación o traxecto ata a aldea de  Sadrarín , e pola aba da montaña iremos ata  Bidueira . Seguiremos cunha baixada longa e, xa á beira do Eu, chegaremos de novo ata o Chao de Pousadoiro, onde cearemos as troitas e o año da tradicional Casa Horacio. Aínda que a Ruta do Río EO-Pena Millares está moi ben indicada, todos sabemos que as p...

CONVOCATORIA DE RUTA NO CANÓN MEDIO DO RÍO LÓUZARA

Imaxe
SÁBADO 4 DE MAIO DE 2019 Powered by  Wikiloc         Convocamos nesta ocasión a unha excelente ruta no Courel, arredor do curso medio do río Lóuzara. Un paraíso natural desta nosa terra galega. A orografía e a natureza maniféstanse nesta zona con verdadeira exuberancia e diversidade. A carón do Lóuzara. Foto de Berta GS (+ fotos) A ruta é un marabilloso tobogán, que nos levará ás terras poéticas enxalzadas por Fiz Vergara Vilariño e Uxío Novoneyra, percorrendo as ladeiras e o val, as aldeas de Santalla, Gamiz (aldea abandonada), Cortes e Parada. Fervenzas, alvarizas, muíños, covas, frondosos soutos, esveltos lamigueiros e os perfís da montaña courelá, sempre tan abruptos e decote atraentes. E no medio, encaixado e sucesivos meandros, o río Lóuzara coas súas  augas de inmaculada transparencia.   E de remate, ceamos na Casa de Aira Padrón, na mesma parroquia de Lóuzara.   Aldea de Cortes Aldea de Parada Cova grande de Santalla   Na fi...

RUTA DO COCIDO EN CUNTIS, CASTROLANDÍN, RÍOS UMIA E GALLO

Imaxe
SÁBADO 6 DE ABRIL DE 2019 Powered by  Wikiloc Convocamos aos camiñantes a unha ruta de 13,52 Kms nas terras de Cuntis, vila termal con significadas pegadas romanas, onde visitaremos Castrolandín, os ríos Umia e Gallo con todos os seus atractivos, bosque de galería, muíños, pontellas, fervenzas, poldras.... Páxina oficial de Castrolandín Castrolandín en Galicia Máxica Documental sobre Castrolandín Castrolandín a vista de dron Ruta feita polo grupo Andainas

RUTA VILA DO GERÊS - CASCATA DO ARADO - CURRAL DA TEIXEIRA - CALDAS DO GERÊS

Imaxe
SÁBADO 16 DE FEBREIRO DE 2018 Powered by  Wikiloc Nesta ocasión escollemos o Parque Nacional  do Gerês  para realizar unha ruta non moi longa pero si con algunhas pendentes. 14,7 Kms para adentrarnos na montaña e ver as pincheiras do río Arado e o curral da Teixeira. No retorno, baixada a Caldas do Gerês e finalizaremos na vila do Gerês, importante centro termal  e turístico. Vídeo do parque nacional Peneda-Gerês (aparecen paraxes polas que transitamos). A ruta marcada en verde é a nosa ruta principal. E cabe a posibilidade de que como entrante fagamos unha pequena ruta, inferior a 2 Kms, desde a Portela do Home pasando pola Mata da Albergaría e río Homem. Percorrido: 14,7 Kms. Dificultade: media-alta Ruta moi interesante que pasa por lugares de alto interese natural, paisaxístico e turístico. Podería afirmarse que esta zona é o epicentro do sendeirismo, pois de aquí parten centos de rutas diferentes. As montañas compiten en elevación e formas graníticas. E os ríos ...

RUTA POLO VAL DAS FORCADAS E A SERRA DE QUEIXA

Imaxe
SÁBADO 26 DE XANEIRO DE 2019 VER RUTA EN WIKILOC Percorrido: 19,3 km Dificultade: media-alta Foto de M. Busto (+ fotos) Ascenso cara a serra . Foto de Berta GS (+ fotos)   Camiño da serra desde As Forcadas. Foto de G Martís Gude (+ fotos)

RUTA DO RÍO SEIXO EN CERDEDO

Imaxe
DOMINGO 23 DE DECEMBRO DE 2018 Powered by  Wikiloc Queremos despedir o ano cunha ruta pequena e fermosa que nos vai ocupar a mañá do domingo. Para iso iremos ata a localidade de Cerdedo (Pontevedra) e percorreremos o curso do río Seixo co seu bosque de galería, que aínda presume da súa vexetación autóctona e conta con numerosos elementos da arquitectura popular: muíños, pontellas, cruceiros, hórreos, petos de ánimas, capelas... Percorrido: 16 Km. Dificultade: media-baixa     Ponte de S. Antón. Foto de Berta GS (+ fotos)

RUTA AO FAIAL DA PINTINIDOIRA E AO CASTELO DE DOIRAS

Imaxe
XOVES 6 DE DECEMBRO DE 2018 Powered by  Wikiloc Convocamos nesta ocasión a unha ruta polos concellos de Pedrafita do Cebreiro e Cervantes, con dous puntos de interese destacados: o faial da Pintinidoira e o castelo de Doiras. Todo o percorrido transcorre por unha zona que é antesala dos Ancares, a cuxa serra mira cara o leste.     Panorámica co castelo de Doiras no centro. G Martís Dude (+ fotos) Foto de Berta GS (+ fotos) FAIAL DA PINTINIDOIRA O faial no blog Vaigapeu CASTELO DE DOIRAS VÍDEO DO CASTELO DE DOIRAS