Publicacións

RUTA POLAS LEVADAS E FRAGAS DOS RÍOS CALDO E DEVA (A CAÑIZA)

Imaxe
SÁBADO 18 DE SETEMBRO DE 2021 Powered by  Wikiloc     Percorrido: 18 Kms Dificultade: Media Ligazóns de interese sobre a ruta: Jesús Simón Senderuta Picobarro Más rutas y menos rutinas

RUTA NO RÍO FERREIRA. GUNTÍN

Imaxe
SÁBADO 5 DE XUÑO DE 2021 VER RUTA EN WIKILOC   Despois de dez meses de parón, imos retomar con cautela as andainas. Os que esteades interesados podemos vernos na mañá do sábado para percorrer 13,3 kms no val do río Ferreira en Guntín (Lugo).  Nestas circunstancias tampouco queremos programar comida de remate de ruta.  MOI IMPORTANTE: Número máximo de asistentes permitidos polas normas COVID: 20 persoas     Puntos de interese: As paisaxes da ribeira As aldeas A ponte Cabalar (romana) O castro de Vilamerelle O mosteiro de Ferreira de Pallares Percorrido: 12,85 Kms Dificultade: media José Antonio Gil Martínez . Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares CC BY 2.0 , via Wikimedia Commons   J. Luis Cernadas Iglesias . Ponte Cabalar sobre o rio Ferreira en Guntin . CC BY 2.0

HOSPITAL DO INCIO - RUTA DO FERRO - A FERRERÍA - SANTA MARIÑA - TRASCASTRO

Imaxe
SÁBADO 8 DE AGOSTO DE 2020 Powered by  Wikiloc Esta ruta de media montaña, nas "Terras Bravas do Incio" (segundo terminoloxía de Ánxel Fole), transcorre por un territorio rico en carballeiras e soutos, vales encaixados e lombas uceiras que miran ao Courel. No pasado esta zona tivo unha intensa actividade na extracción e fundición do ferro. A mina da Veneira de Roques foi unha das principais da provincia de Lugo.   O balneario da Ferrería tamén tivo a súa época de esplendor. Na actualidade, o fracaso dunha restauración, deixou o edificio á espera dalgún emprendedor que o resucite. PUNTOS DE INTERESE: A magnífica igrexa de San Pedro Fiz do Hospital Ruta do Ferro  Balneario da Ferrería Aldeas da Ferrería, Santa Mariña, Trascastro.... Ríos Cabe, Antiga... Paisaxes de montaña. DATOS DA RUTA. Percorrido: 21 Kms Dificultade: media

Ruta polo corazón da RIBEIRA SACRA: A Cubela e Val de Tronceda

Imaxe
SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2020 Ruta 1 Powered by  Wikiloc Ruta 2 Powered by  Wikiloc Dificultade: media (mañá), media alta (mañá e tarde) 24 km (15 pola mañá, 9 pola tarde). Iniciaremos a ruta en Torbeo, terra lta e antiga capital do concello de Ribas de Sil, Lugo, cunha igrexa románica do século XII (Santa María), un pasado moi ligado aos guerrilleiros resistentes á Ditadura franquista e de onde era orixinaria a sonada Meiga de Torbeo (Filomena Arias). Baixaremos cara á Cubela (preciosa aldea recuperada, con escasos habitantes) por unha senda abrupta e coa Pena Furada para que pasasen os carros de vacas como elemento destacado, ademais da espectacular vista do meandro d´A Cubela. Aí visitaremos Cubeland, onde podemos tomar unhas infusións naturais. Seguiremos o sendeiro á beira do río Sil entre a Cubela e o Castro de Abaixo vendo do outro lado os viñedos de Trasmonte e Vilachá, onde se sitúan as sonadas adegas vellas. Na aldea de Castro de Abaixo empeza a subida, entre frondoso...

RUTA VAL GLACIAR DE PRADA E CURROS DE MANZANEDA

Imaxe
SÁBADO 22 DE FEBREIRO DE 2020 Powered by  Wikiloc     Partimos da aldea de Requeixo (Manzaneda) e ascenderemos polo val do río Requeixo ata a aldea abandonada de Prada. Este val e as montañas que o rodean foron conformados por un glaciar en épocas pretéritas. O circo glaciar, as morrenas e os bloques arrastrados son aspectos facilmente observables. Vexetación autóctona de montaña, etnografía e a nostalxia, misterio e maxia que sempre envolven as aldeas abandonadas. Outro elemento de moito interese etnográfico son os curros da serra. O pastoreo de cabras e ovellas (e en tempos máis remotos de vacas e cabalos) é unha das actividades económicas que se veu practicando nas aldeas que bordean as serras ourensás, sobre todo nos macizos de Manzaneda, de Trevinca, das Serras do Xurés e do Suído. Os curros son espazos terreos ao aire libre, rodeados de muros, coa finalidade de servir de refuxio durante a noite a pastores e animais. Emprázanse en lugares protexidos do norte ...

RUTA DEVA - CAMPA DE BREGO - PENARRUBIA (ANCARES)

Imaxe
SÁBADO 7 DE DECEMBRO DE 2019 Powered by  Wikiloc Percorrido: 19,7 Kms.   Pendente media: + 10,9  e -11,3 Dificultade: media-alta

RUTA POLOS BOSQUES MÁXICOS DE CASTRO CALDELAS

Imaxe
SÁBADO 5 DE OUTUBRO DE 2019 Powered by  Wikiloc   Foto de Berta GS (+ fotos) Invitámosvos a seguir o itinerario que realizou o club Acivro polos bosques autóctonos de Castro Caldelas. Deixamos aquí a ligazón onde describen detalladamente o itinerario e os puntos de interese e onde se poden ver as fermosas imaxes da súa reportaxe posterior á camiñata. P areceunos interesante e repleta de atractivos, entre os que citamos os seguintes: O fermoso burgo medieval de Castro Caldelas O mosteiro de San Paio de Abeleda Igrexas varias, entre as que destaca a do desaparecido mosteiro de San Xoán de Camba, Fervenzas, ríos, o curso do río Edo... Poldras, pontes, pontellas, muíños.. Aldeas habitadas e abandonadas, a fermosa arquitectura popular Bosques con árbores centenarias, camiños de vello Datos da ruta: Son dous bucles que teñen como nodo de unión a vila de Castro Caldelas. O primeiro bucle ten 18 Kms. O segundo 6,3. Os que desexen facer só o primeiro bucle poden agardar ao pé dunha c...