Publicacións

2 RUTAS na MONTAÑA OURENSÁ: Peña Trevinca e as 4 Lagoas

Imaxe
Sábado, 30 de novembro de 2013 Domingo, 1 de decembro de 2013 2 RUTAS nas que gozamos da ALTA MONTAÑA GALEGA  (serras: Eixe e Calva) Sábado,  30 novembro: Ruta das 4 Lagoas  (17 km, en principio de dificultade media,  en   Wikiloc )  para ver as xeadas  lagoas de Ocelo, Carrizais, Laceira  e da Serpe , encoradas polas morreras glaciares do cuaternario, entre neve e friaxe. Sempre pola  montaña ( Serra Calva ) e con algún que outro problemiña físico final que nos advertiu de que á montaña hai que ir sempre preparados.    Vídeo ilustrativo da ruta do domingo 1 (Pena Trevinca) en  Google Earth Domingo, 1 de decembro:   Ruta de Pena Trevinca  (27 km, dificultade alta,  en Wikiloc ),cumio da Galiza (2.127 m): pasamos polas minas alemás de volframio de  Vilanova, ascendemos polo incríbel val do río Meladas, superamos o  pico Maluro,  camiñamos polo Lombo Roncín entre refac...

FRAGA DE CATASÓS - VAL DO SEIXAS - LALÍN

Imaxe
Sábado, 16 de novembro Powered by  Wikiloc Desta volta a proposta sendeirista de Xosé Manuel levounos ás orixes do Érbedo,  no corazón do Deza, para coñecer algúns recunchos da comarca situados a cabalo dos concellos de Lalín e Dozón. A ruta, con fresco matinal e bo ambiente, partiu da Fraga de Catasós , tamén coñecida como Carballeira de Quiroga, cuxa contorna presenta unhas características botánicas de grande importancia, singularidade e beleza, tendo en conta que na súa maior parte constitúe un importante bosque mixto de carballo e castiñeiro. Logo deste apracíbel inicio, a ruta  cruzou o principal afluente do Deza,  o Asneiro , e, tras pasar o pozo Negro e subir a Puxallos, percorremos un anaquiño da  Vía da Prata . Por  camiños de vello e corredoiras enfiamos cara o val do río (ou rego) Seixas , parte del xa no veciño concello de Dozón , onde fixemos o  xantar (cruceiro da igrexa de Sanguiñedo ) . Un agradábel paseo a carón deste río, n unha das p...

RUTA POLO SOBREIRAL DO ARNEGO (SANTANDRÉ - TOIRIZ - PONTE BALSIÑA - A VULTUREIRA)

Imaxe
Domingo 10 de novembro de 2013 Powered by  Wikiloc Trátase dun percorrido polas ribeiras do Arnego, na zona sur do Sobreiral. Partiremos do lugar de Santandré (Carmoega), onde poderemos ver a aldea e a capela de Santa Lucía. Despois ascenderemos o Coto de Santandré ata Pena Grande (un excelente mirador natural sobre a engroba do Arnego e dos bosques de sobreiras). Aquí o camiño descende ata a parroquia de Toiriz, polas aldeas de Barrio e Foxacos. Buscaremos o paso do río pola ponte Balsiña (na foto da esquerda) e miraremos os muíños de Navaza de prolífica e curiosa historia. Voltaremos ao concello de Agolada pola parroquia de Brántega e ascenderemos ao coto da Vultureira (topónimo que alude a presenza de voitres no pasado- vultus  latino-). Polo lugar da Pontevella e o Porto acadaremos a meta, sempre co Arnego como inseparable compañeiro. Un percorrido de 12 Km por esta zona protexida na Rede Natura 2000, cualificación LIC e distinción ZEPA.

Ruta Penadauga-Férveda en Silleda

Imaxe
Domingo, 27 de outubro de 2013 Nesta agradábel mañá de domingo mandámoslle un paseíño de 9.00 a 12.00 polo  concello  de Silleda. Dispostos  a gozar do día e adestrar para o día 2 (Deza) e 30 e 1 (Pena Trevinca) xuntámonos na Penadauga, parroquia de Escuadro, Manolo Ferreiro, Loli e Sara (que mesmo se desprazaron desde a costa); Ana e Suhail; Luís Jar, Domingo, Manolo Busto, Bea e Xabier.  Foron 8 km, fáciliños e pola natureza máis nosa. Onde estivemos? Na  pedra milagreira de Santa Isabel (Penadauga) , para curar problemas de lombo e de pel (pola auga da charca en forma de cabeza que hai no seu cimo e na que se lavan os atrevidos), na  igrexa de Escuadro,  na  fervenza de Férveda  (magnífica e descoñecida, pero co enorme estrago da  fermosa corredoira vella, pola beira do río Escuadro, que agora xace sepulta por unha pista que as paleadoras -baixo as ordes de mentes privilexiadas- abriron ata moi preto da ...

RUTA DOS MOSTEIROS, DO CAMIÑO FRANCÉS DE POIO A VILANOVA, POR ARMENTEIRA E RIBADUMIA, DA PEDRA E DA AUGA E DO “ALBARVIÑO”

Imaxe
Sábado 5 de outubro de 2013 Powered by   Wikiloc A sección ÉRBEDO AROUSA ofreceunos esta gorentosa ruta de sendeirismo.   A apócrifa sección delegada coñecida por Érbedo Arousa ten a honra e “incitarvos” a facer unha ruta fácil, que despois do mediodía xa é un simple paseo, que pretende facer un resume abreviado a pé e por diversos medios e circunstancias do que recentemente vén sendo chamada a variante “espiritual”( xa entenderedes ao final da xornada por que ese termo subliñado ) do camiño portugués a Santiago que vai da praza da Peregrina en Pontevedra, afasta do orixinal e empata no porto de Vilanova coa única ruta fluvial Xacobea que se chama Ruta Fluvial Xacobea do mar de Arousa (que vai de Vilanova a Pontecesures a que lle adicaremos máis tempo nalgunha outra ocasión). Esta variante, traída a conto ou inventada para a feira do Turismo, pola política actual reedita o patrón clásico que sempre foi aproveitarse durante séculos das tradicións e crenzas dos pobos, para sa...

RUTA POLA COSTA DE DEXO E LORBÉ (OLEIROS - SADA)

Imaxe
Xoves,  29 de agosto de 2013 Powered by  Wikiloc Ruta pola costa de DEXO e LORBÉ (Concellos de Oleiros e Sada) Case morría o agosto nese xoves 29 e, como fose, había que ir ao mar. Así que, con costa ceiba e coa Marola no ollo, en mañá solleira e leda, dispuxémonos para unha andaina preparada Manolo Busto coa que despedir como merece o verán. Iniciamos en Mera: café con vistas á Ría da Coruña en terraza amena e paseo pola beira da fermosa praia, co engado da cidade herculina de fondo. Un sendeiro asfaltado levounos ata o Faro e a pechada Aula do Mar desa localidade, onde Manolo Ferreiro se ocupou de inmortalizar o instante. Axiña, sendeiros entre o arume dos piñeiros para chegar ata a agreste punta do Seixo Branco, con gozosas estampas de barcos de pesca aplicados á faena e a Torre de Hércules na bruma e ao lonxe. Insistindo pola beira do mar demos axiña coas furnas do Ollo Pequeno, a Galocha e Ollo Grande, unha tras outra, entre os contos do Antonio e a presenza insistente da...

RUTA ANCARES 2013. TRES BISPOS - CORNO MALDITO

Imaxe
Powered by  Wikiloc RUTA ANCARES 2013: Tres Bispos-Corno Maldito Xa avisaramos hai un ano, “ Se esta foi a cuarta, que ninguén o dubide: non hai quinta mala ”, e como a palabra é un documento, abriu agosto e no primeiro xoves (tradición manda)  subimos ao alto nas estremas de Galiza e León. De novo unha tropa de 32 e desta vez con principio e final no Albergue dos Ancares (Degrada). Experimentouna Pepe, Manuel estivo ao micro, e todos ao rebufo dun Busto definitivamente tecnoloxizado. En mañá solleira e algo ventada fomos camiño arriba e sen apuro. Pura paisaxe. Despois de pisar campas e mirar mundo, chegamos sen novidade ao Tres Bispos . Foto ao canto e, a seguir, dous grupos: os de risco cara ao Corno Maldito (pasando os Penedois e o Pico Charcas ) e os do acougo pola Golada da Trapa , xa en baixada. Xantar separados, todo moi bucólico. Fontes e sombras agarimosas no calor da sesta. Paso por Campa de Brego , Rego da Vara , Devesa da Cabanavella ... Os nomes recenden a N...