Publicacións

RUTA AOS FOXOS DO LOBO DE COTOBADE E RÍO ALMOFREI

Imaxe
Sábado, 23 de abril de 2013 Powered by  Wikiloc       O sábado 27 de abril deste inestábel 2013 curamos “a teima” no concello de Cotobade gozando dunha deliciosa achega roteira de Manolo Busto. Ben durmidos e con ánimo, dada a proximidade, os 7 de Lalín xuntámonos en Cerdedo coa rapaza do Carballiño e no Bar Concha coa gavela de Catoira para, despois de arrimar os coches a Cuspedriños -e catar o seu campo da feira, os pendellos rehabilitados, a ermida do Carme, o curro da rapa das bestas, o cruceiro, o peto de ánimas e a fonte, todo á vez-, iniciar a ruta a pé. Na previsión: 23 quilómetros e cualificada como de dificultade media-baixa. De inicio, subida, para poder alzar a mirada e, ao lonxe, ver o mar na Ría de Pontevedra. Axiña acadamos o Foxo do Lobo das Brañeiras, perfectamente reconstruído e explicado, o que nos permitiu valorar esa especial relación entre o home e a besta, tan presente na nosa cultura. A seguir, non sen certa dificultade, localizamos o petrógli...

RUTA VAL DAS SOMBRAS - CORGA DA FECHA - SERRA DO XURÉS

Imaxe
SÁBADO 22 DE MARZO DE 2013 Powered by  Wikiloc Raúl Hidalgo , CC0 , via Wikimedia Commons O sábado 22 de marzo, aproveitando un relanzo deste cru inverno e con Manolo Busto marcando o paso, perdémonos polas terras raianas da montaña ourensá que tantos tesouros naturais ofrece ao sendeirista e que, de certo, nos ten cativados   Despois dun café no Hotel Lusitano, deixando os coches ao lado mesmo do Balneario, os 11 esforzados iniciamos a camiñada con tempo cambiante e empinada costa. E xa desde o inicio, auga, pero polo chan, escorrendo das montañas e a agarimarnos durante toda a xornada. A subida da primeira lomba, despois dun cambio de rumbo, permitiunos gozar da vexetación desa altura intermedia na que inza o érbedo e os recendos anuncian  unha primavera que se resiste a chegar. A seguir, parada no Santuario da Virxe do Xurés, con espectaculares vistas a vales e montañas, maiormente desde o campanario. Logo, vieiro estreito  entre alvarizas que nos achegou ao impre...

RUTA POLA SERRA DE SAN MAMEDE

Imaxe
Powered by  Wikiloc Ruta de San Mamede-A Edreira O sábado 2 de marzo levamos a cabo unha esixente e espectacular andaina de sendeirismo de altura polo Macizo Central Ourensán, entre as comarcas das terras de Trives (Chandrexa de Queixa) e de Caldelas (Montederramo). Ante as perspectivas de dureza (alta montaña, longa distancia, neve...) só se anotaron 6 participantes. Día, por radiante e fresco, ideal. Despois dun reconfortante café con bica en Montederramo, a ruta iniciouse con temperaturas moi baixas na cola do encoro de Chandrexa de Queixa, na Ponte de Santa Cruz. Debido ás desfeitas na pista, tivemos que deixar os coches antes do previsto. E aí comezou a aventura, pois paramos un “transporte de gando” e, metidos no seu axitado remolque, superamos ese primeiro tramo de fochancas xeadas ata chegar á Ferraría (vestixio dunha antiga e artesanal industria metalúrxica, hoxe acubillo de gando). A seguir, sen escapatoria nin perda, xa a pé, subida en zigzag das pronunciadas ladeiras ...

RUTA POR A LIMIA DE XINZO E SARREAUS

Imaxe
Sábado 26 de xaneiro de 2013 Powered by  Wikiloc   Ruta da Limia (de Xinzo a Sarreaus) O sábado 26 de xaneiro e por terras da Limia iniciamos a xeira dun ano 13 que promete. Cando menos camaradería. O demais (esforzo deportivo, ledicia, cultura e canto se lle queira achacar a esta actividade) virá pola súa conta e só con procuralo. Antes de nada, inesperado agasallo na nova xuntanza cos amigos da costa: espléndido día. Ademais, como se a natureza quixese recuperar o que é seu, as interminábeis choivas dos días anteriores fixeron máis interesante a ruta, pois colaboraron en encher de auga a chaira limiá. Gozamos así, durante toda a mañá, da vista dunha parte do que era Lagoa de Antela, a máis grande de Galiza e que fora desecada no franquismo. Despois dun refrixerio de café e bica, partimos da igrexa románica de Santo Tomé de Morgade, con cruceiro e reitoral con adobíos. En leve subida a outeiros de serra baixa, acadamos axiña o Castro da Cidade, de escaso valor e menos conserv...

RUTA CARBOEIRO - FERVENZA DO TOXA - POBOADO MINEIRO DE FONTAO

Domingo 22 de decembro do 2012 Powered by  Wikiloc Ruta Carboeiro-Fervenza do Toxa-Minas do Fontao O domingo 22 de decembro do 2012, en mañá solleira e de fresco inicial moi propicio para a marcha, arrexuntámonos oito ofrecidos para cumprir cunha ruta circular matinal que curase o suposto “mono”. Partindo da fermosa paisaxe do mosteiro de Carboeiro, atravesamos o río Deza pola ponte romana e percorremos vellas e outonizas corredoiras entre o misterio da mera e o frescor da nova estación, para chegar axiña á área recreativa da Carixa, en Merza. Café ao canto nesta poboación e, deseguido, camiño aberto ata o quebrado, salvaxe e, así a todo, moi achegado sendeiro que se inicia na ponte de peóns onde conflúen os ríos Toxa e Deza e que nos conduciu ata a espectacular fervenza do Toxa. Enchoupados, non só polo fragor da auga, tamén polas cores máis vivas e os rumores mais naturais, desandamos os pasos ata Merza e, xa co sol de compañeiro, camiñamos ata o rehabilitado poboado mineiro de F...

RUTA POLO COUREL

Imaxe
Sábado 8 de decembro do 2012     Powered by  Wikiloc O sábado 8 de decembro do 2012, despois de dous aprazamentos polo mal tempo, o que reduciu o grupo á metade dos inicialmente previstos, aló marchamos 12 atrevidos cara a unha zona ignota do Courel escollida por Manolo Busto e que nos levaría polas beiras agrestes do Lor na ruta circular que se incia en Froxán, pasa por Vilar, Valdomir e Vilamor, e regresa á primeira aldea, declarada Ben de Interese Cultural e na que precisamente ese día, entre gaitas a aturuxos, se celebraba a Festa da Pisa da Castaña do Courel.   Non haberá necesidade de describir a riqueza que esta contorna posúe, amósano a beleza das fotos e ese saibo a natureza en estado puro da que nos impregnamos cantos por alí nos perdemos, porque a ruta inicial, denominada da Vitoreira e que nos levaría de Froxán a Vilar polo outro lado do río, tivo o seu aquel de aventura e confirmación de que non hai mellor recordo que unha boa perda polo lado salvaxe, p...

RUTA POLO VAL DO SILENCIO

Imaxe
Sábado 27 e domingo 28 de 2012 Powered by  Wikiloc   Despois de varios anos de rutas de un día, queriamos probar facendo noite fóra.  A ocasión chegou coa degoxada Ruta do Val do Silencio, aló polo Bierzo, o sábado  27 e domingo 28, xusto no cambio de hora de Outubro.   Saíndo cedo de Lalín, parando ao pan en Antas e ao café en Ponferrada, despois  de deixar ceibos a Antonio e Francisco, trece expedicionarios penetramos pola intricada estrada que segue o curso do río Oza e, para iniciar a denominada Ruta Circular da Tebaida Berciana, chegamos a Montes de Valdueza (930 m de altitude). Nesta aldea decadente, con ruinoso mosteiro de San Pedro de Montes (s.IX) que non puidemos visitar por estar en longa fase de rehabiliación, collemos camiño de ascenso entre soutos ata chegar ao Castro Rupiano (1.090 m), antigo asentamento ástur e romano coa lenda da Sierpe da que san Fructuoso liberou aos poboadores do val. Entre vizosa vexetación, e seguindo un canal romano ...